Buscas TRECE, o máis simple CMS e UMS plurilingüe? Clic aquí

miniTRECE Sitio demo

Unha moi simple, lixeira, minimalista, libre e gratuita (MIT License) ferramenta para construir sitios web ou CMS baseado en documentos no servidor (non base de datos) e (isto é importante) listo e amistoso para crear sitios web multilingües desde o primeiro momento (non hai que engadir plugins). Os contidos poden ser escritos usando sintaxe markdown ou hmtl.

Ok, un chisco de luz:

Os archivos .htaccess, index.php e trece/conf.php (conf.php dentro dun cartafol chamado core) son os importantes. Todos os demáis arquivos son simplemente contido ou para personalización. Déixame suxerir que comeces cunha instalación desde cero de miniTRECE usando só estes tres arquivos e logo comeza a construir engadindo os outros arquivos do .zip, un a un.

Importante: para poder usar Markdown coma linguaxe de marcado, o elemento de array markdown debe ser posta como "true" en trece/conf.php liña 60, e a biblioteca Parsedown (Parsedown.php, ParsedownExtra.php e ParsedownExtraPlugin.php) instalada no cartafol trece/lib/parsedown/. Todos estes arquivos están incluídos no .zip que podes descargar de GitHub.

O cartafol trece/inc é onde se almacena todo o contenido. Por exemplo: deixa en trece/inc/ un arquivo chamado test.php cun simple «Hello» como contido e de seguido engade test á url no teu navegador (algo como oteudominio.gal/gal/test se o teu tu sitio web é multilingüe ou oteudominio.gal/test se o teu sitio é monolingüe). E xa está! Demo aquí: https://mini.trece.io/gal/test.

Os arquivos trece/inc/html-sample.php (ligazón), trece/inc/markdown-sample.php (ligazón) e trece/inc/demo.php (ligazón) ensinarante como construir contido en ambas as dúas linguaxes de marcado. Neses dous arquivos préstalle especial atención ás 7 primeiras líneas. O que escribas alí é o contenido para os campos meta do header, necesarios para compartir con éxito a túa páxina en sitios como Facebook e Twitter. Idea: proba estas páxinas en Facebook debugger y Twitter card validator.

Os arquivos trece/inc/minimal_header.php, trece/inc/minimal_footer.php e css/minimal_style.php amosan como sería un tema de mínimos, un punto de partida para desenvolver o teu propio tema para miniTRECE.